Sunday 05 de May de 2024

Bodegón Castelao I El Rincón del Chocolate, gañadores dos Concursos de Decoración Hostaleira e Escaparatismo de Nadal


Escrutinio esta mañá no Centro Cultural Lustres Rivas

Concello e Asociación de Empresarios de Riveira procederon este mediodía ao escrutinio dos dous concursos promovidos durante este Nadal. O establecemento El Rincón del Chocolate resultou gañador do Concurso de Escaparatismo con 446 votos; en tanto que Bodegón Castrelao venceu no Concurso de Decoración Hostaleira con 401 votos.

O acto celebrado no Centro Cultural Lustres Rivas serviu tamén para dar a coñecer o número gañador dunha cea para 2 persoas nun restaurante de Riveira entre todos aqueles que votaron nos certames. Foi o 0984.

Para reclamar o premio, deberán acudir como moi tarde o 31 de xaneiro coa matriz do voto emitido á Asociación de Empresarios de Riveira (981 873719) e alí lle darán o contacto do restaurante para concertar a cea o día que mellor lles veña nos seguintes 2 meses unha vez presentada a rifa.

Ademais, hai estas nove reservas no caso de que non apareza o gañador.
1. 0056
2. 0958
3. 2250
4. 2233
5. 1537
6. 2043
7. 2584
8. 0744
9. 0243

Cada número dos suplentes irá entrando en xogo cada 15 días e por orde, rematando a caducidade da novena reserva o 15/06/2017. A cea é o premio á participación dos clientes que votaron nos concursos ofrecida polo Concello de Riveira como organizador dos concursos.

Os premios dos concursos de escaparatismo e decoración hostaleira serán entregados nun acto que se celebrará este xoves ás 21 horas no salón de plenos do Consistorio Local. Tamén se obsequiará cuns diplomas aos participantes nos certames.